Festa a esgalla nunha noite máxica! Grazas por vir

Fixose realidade, acultural xa está aquí, vivimos a nosa posta de longo na noite máis máxica. Acultural naceu cun feixe de amig@s e ilusións no peto, Grazas a tod@s por estar e vivir esta noite con nós.

Crónica da noite inaugural. A partir das 23:00hrs soci@s e amig@s déronse cita no Eirociño (Grazas Justin, és un acultural máis!) para comezar unha noite de festa que trouxo sorpresas e momentos únicos que fican xa na historia deste proxecto compartido.

A noite comezou cuns viños (e cervexas) de camiño ao ponto de encontro no que darían comezo as actividades que se sucederon ao longo da noite. Pouco desóis das 23:00hrs deu comezo o Roteiro Express (cortesía de Jordi e Rosiña) que nos levou por un par de Rúas do Casco Vello rememorando, dende o 2508, o nacemento da vida acultural. Moito humor e moita retranca cun percorrido pola historia de compañeiras e compañeiros na súa andaina acultural que remataron na Praza do Ferro coa simbólica inauguración, cinta e tesoiras incluídas, da festa acultural e da noite de troula.

Xa no Eirociño, dende agora xa sede nacional da nosa asociación (Grazas Beltrán e Justin pola vosa acollida e trato) tiveron lugar os discursos do Presi, a Vice e os espontáneos nos que se deron as grazas aos presentes, se falou das próximas actividades e se convidou a tod@s a participar.

Houbo tamén para unha pequena pero sentida homenaxe a dúas persoas moi especiais que fixeron un grande esforzo que merecía a pena agradecer. A Manuel, que coa súa idea e o seu impulso fixo posíbel que hoxe exista acultural, e a Raquel, que veu dende Granada para vivir este día tan especial con tod@s nós. Grazas a ambos por estar ahí!

O brindis deu paso á música, á regueifa e as actuacións musicais espontáneas (esa Rubia!). Neste primeiro acto repartíronse os carnet de soci@s e fíxose entrega do porrón-aceitera (ou botijoaceiteras ou “iso que levades colgado”) aculturais aos primeiros 20 asociados e ficamos emprazados para a próxima ocasión facer entrega aos vindeiros 20!!!

Podedes ver as primeiras fotos premendo AQUÍ

Aquí o video-resumo da noite! E no Album todas as fotos da FESTA!!!!

E agora a traballar!!

4 Comentarios

  1. QUE GRANDE A INAUGUREIXON!!! graciñas sr. don Manué pola fantastica idea que tivo aquela noite, hehehe!!

  2. GRAN FESTA DE INAGURACIÓN SI SEÑOR!!!PENA QUE SE ME XUNTARAN TODOS OS EVENTOS (INAGURACIÓN, BODORRIO)PERO BUENO, O IMPORTANTE É QUE SON UNHA ACULTURAL MAIS, CO MEU CARNÉ DE SOCIA E BOTIJO INCLUÍDO E QUE INDA QUEDAN MOITOS MAIS EVENTOS AOS QUE ASISTÍR….

    VIVA ACULTURAL!!!!

    María

  3. foi unha noite memorable pra non esquecer que venhan moitas mais pra todos/as nos
    Saudos companheiros/as

  4. Decide que si! Saiu todo moi ben e o pasamos estupendo (que á fin e ó cabo é do que se trata), pero hai que recordar que non acaba todo aquí. Hai que seguir con A Cultural! E sobre todo hai que dar mil e unha grazas ós que realmente fixeron esa noite posible: Ximena e Manuel.
    Caralludo, rapaces!


Comentarios RSS Identificador de URI de seguimento

Deixa un comentario