Eduardo Galeano presentou o seu libro en Ourense

O Mercores 14 de maio, presentou o seu derradeiro libro “Espejos”, o autor Eduardo Galeano na Cidade de Ourense. E ainda que chovia a mares asistimos unha boa cantidade de xente ¡e que a ocasión o requería !

Galeano procedeu a ler alguns textos do libro e envolveunos a todos coas suas historias e mais coa sua voz amosándonos que ainda existen persoas capaces de conmovernos contando as realidades deste “mundo ao revés” e facendonos lembrar o mellor e o peor do ser humano. Suliñar a súa sensibilidade cos mais desfavorecidos que lle permite crear un universo donde estes son os protagonistas afastandoos asi do anonimato ao que iste mundo os ten relegado.

Podedes ver o video acultural do evento aquí ou aquí.

3 Comentarios

  1. peazo Reportaxe vda acultural

  2. Que ben, presi, gracias de parte de todos os aculturais que non puidemos asistir (a sala estaba a rebentar!)

  3. de ná foi unha reportaxem da acultural


Comentarios RSS Identificador de URI de seguimento

Deixa un comentario