Para os celtas, o primeiro de novembro marcaba a data do fin de ano, a transición do verán ao inverno, da época na que se realizaba a vida no exterior á época na que todas as actividades realizábanse no interior ao pé do lume da “lareira“.
Ese día era denominado “Samonios” polos galeses e “Samain” ou “Samhain” polos irlandeses. Tratábase dunha festa á cal acudían todas as persoas dos poboados veciños celebrándose unha serie de rituais relacionados coa xustiza, o dereito e a política á vez que desde un punto de vista relixioso acreditábase que a porta do Sidh, o lugar onde moraban os mortos, era aberta para que as persoas que xa abandonasen este mundo puidesen comunicarse cos que aínda seguen nel.
Esta última característica do Samhain implicaba unha serie de rituais e crenzas relativas aos mortos que perduraron en moitos pobos de Europa. Os cales herdaron dalgunha forma por moi pouco que fose, algo daquel espírito celta que chegou a cubrir todo o continente.
A chegada do cristianismo provocou unha gran adaptación das antigas crenzas á nova situación exposta. Esta nova filosofía tivo que hechar man do sincretismo, facendo das illas Británicas, partes da Galia e a antiga Gallaecia focos de resistencia espiritual, xurdindo un cristianismo autóctono e singular ao cal os historiadores terminarían chamando “cristianismo celta“, xerador de figuras como San Patricio, San Columbano, Prisciliano, Columba, Egírica…
O cristianismo viuse obrigado a adoptar as crenzas celtas entre as que se atopaba o “Samhain“, a cal derivou na coñecida actualmente como festa de Todos os Santos, onde o culto á morte cambia de forma pero non de fondo. Así os druídas ou druidesas pasan a ser considerados brujos e bruxas polo novo poder reinante, sendo perseguidos ao ser considerados servidores das forzas do mal. Mentres tanto os novos sacerdotes dirixen as crenzas populares noutras direccións aínda que a antiga filosofía perdurará nos cultos esotéricos que serán perseguidos posteriormente pola inquisición aínda que caluga totalmente eliminados habendo sobrevivido ata hoxe.
Orixinariamente o ritual celta do “Samhain” impilicaba a exposición das cabezas cortadas dos inimigos mortos co fin de escorrentar aos espíritos malvados. Esta práctica mantívose durante a idade media na que foron substituídas por cabezas de animais mortos e posteriormente por cabezas simbólicas feitas de pedra, as cales terminaría sendo, séculos mais tarde, das gárgolas en monumentos relixiosos con funcións protectoras. Finalmente, estas cabezas cortadas terminarían dando lugar ás famosas cabazas da festividade británica de “Halloween” aínda que esta tradición aínda perdura nalgúns lugares de Galicia como, sobre todo na Costa da Morte, as Rías Baixas e nas Mariñas.
A chegada dos pobos germánicos polo oeste de Europa provocando a caída do imperio romano supuxo un paso a unha nova época. Desta forma ás illas británicas chegan os anglosaxóns, á Galia os francos e os Suevos a Galicia. É neste momento da historia no que desaparece o “Samhain” celta aínda que a celebración da festa perdurou ata os nosos días en forma de Halloween, smhnagan, lümere…ou o propio magosto ,cada unha delas coas súas evolucións características.
Os suevos penetran en Galicia, pouco romanizada nos seus costumes, absorbe e adapta o elemento suevo á vez que a través d a costa cantábrica experimenta a entrada a legada de pobos británicos, sendo a expedición máis coñecida a guiada polo bispo Maeloc. Os suevos acaban aceptando o catolicismo, practicaban o arrianismo, e sería o rei Carriaco o que viviría a trasformación do magosto no día de Todos os Santos. Este feito sería visto polo pobo como unha continuación na adaptación aos novos tempos dos antigos rituais pagáns. A chegada dos musulmáns á península lonxe de modificar os costumes dos galegos, provoca que a poboación sexa mais cristiá en oposición ao inimigo do sur que a pesar de non penetrar en Galicia se realizaban incursións en busca de botín, sendo a máis famosa delas cando roubaron as campás da catedral de Santiago. Así pois, nesta época cando nace o Camiño de Santiago que enriquecerá culturalmente, politicamente, economicamente e demográficamente a Galicia supondo unha porta aberta co exterior.
No ano 1582 o Papa Gregorio XIII leva a cabo a reforma do calendario juliano, decidindo que o día seguinte ao 4 fose día 15,eliminado 10 días polo medio. Os países católicos en plena contrarreforma, aceptan inmediatamente o cambio, aínda que Gran Bretaña non o faga ata 1752. Isto trae consecuencias para a evolución da festa , xa que nese ano pasou do un de novembro ao once de novembro do novo calendario gregoriano, con todo en Galicia non aplicaron o cambio de data ao magosto, polo que pasou a celebrarse o día once aínda que a igrexa católica continuou celebrando o día de Todos os Santos o día un. De novo a igrexa tratando de cristianizar os rituais pagáns cristianizó o día once de novembro dedicándollo a San Martín. San Martín ou San Martiño trátase do patrón de Ourense. Conta a lenda que a razón disto, é que cando a corte sueva estaba situada en Ourense, o rei Mirón ofrece a San Marín de Tours unha gran cantidade de ouro por curar ao seu fillo. O mensaxeiro que porta a bendición de San Martín pérdese chegando a Ourense mentres o fillo do rei agoniza no seu leito de morto. Casualmente é once de novembro e a xente celebra o magosto nos montes que rodean Ourense, o mensaxeiro divisa o fume das fogueiras conseguindo orientarse e chegar a tempo para salvar ao fillo do rei.
O magosto á vez de seguir conservando a súa data orixinal tamén conserva outra vella tradición pagá como é a Santa Compaña, procesión de mortos que recorda a apertura do Sidth ou máis aló, a comida con castañas, as cales teñen un significado polo cal un alma inxerida equivale a un alma salvada, e para rematar o das cabazas simulando cranios que os nenos colocaban en cemiterios e cruces de camiños para asustar á xente.
Por: Doval
1 Comentario(s)
Comentarios RSS Identificador de URI de seguimento
Deixa un comentario




Vaites,agora xa tenho unha idea do sentido do magosto,gracias pola informacion, doval¡