Acultural participou nas xornadas dos Maios coa elaboración dun Maio”enxebre”, feito ao xeito tradicional e empregando materiais todos eles biodegradables, coma musgos, xestas, carrabouxos… que foron recollidos na contorna dun xeito respetuoso co noso ecosistema.

Estas xornadas fixeron posible a interacción d@s companheiros/as ca natureza e, o conhecemento, dunha parte da nosa xeografia (concello de Melias, Montealegre) e da flora, de conservar e conhocer un pouco mellor a tradición popular dos Maios…e máis posibilitou a experiencia de facer un traballo colectivo entre todos/as.

O Maio foi realizado libremente na rúa, reclamando esta coma un espazo de cultura, e , á vista de toda-las persoas que quixeron achegarse, feito que valoramos moi positivamente é unha experiencia a repetir. O Maio o fixemos ao lado da xente do colectivo Sem um Cam que estaba a construir o seu, ós cales lle agradecemos a súa colaboración e por deixarnos empregar as súas instalacións.
Agradecermos aos companheiros/as aculturais a sua implicación, o traballo , a ilusión e o esforzo nesta actividade….
Parabéns …
1 Comentario(s)
Comentarios RSS Identificador de URI de seguimento
Deixar un comentario




Foi unha moi boa actividade…