Quen Somos

Somos un grupo de amig@s que tenta construír un espazo propio no que vivir o lecer e a cultura dende unha óptica diferencia aos meios de difusión masivos que ofertan unha proposta cultural acrítica e asimilada ao sistema que non plantexa desafíos aos usuarios e que non os integra na súa creación ou difusión.

Apostamos por crear os nosos propios espazos de creación e lecer fundamentados na participación colectiva e nas propostas que integran na súa creación e difusión aos usuarios como parte mesma da creación cultural.

Defendemoso o acceso libre á cultura e a autoxestión cultural pulando pola autoorganización da sociedade co fin de fomentar a participación en espazos alternativos e levando as manifestacións culturais a lugares nos que as redes oficiais non a deixan achegarse: empregar rúas, bares, romerías, espazos abertos no campo ou similares para desfrutar do tempo de ocio e dotar a esas actividades dunha función social e cultural abrindo canles de interconexión entre cultura e lecer.

Somos xente moi diversa con un obxetivo común: crear un espazo no que manifestar as nosas diferencias, coincidencias e inquedanzas e empregalas para crecermos xuntos na construción de alternativas culturais.

Contacta: a cultural ourense [@] gmail . com

Identificador de URI de seguimento